03/05/2013
O artista de Rois inaugurará hoxe unha mostra na capela da Madanela de Arzúa // Componse de 15 pezas en madeira, granito e bosta.
Conta cunha visión tradicional, aínda que ao mesmo tempo, contemporánea de todo o que o rodea, prestando especial atención á natureza e ás persoas. O escultor roisense Camilo Seira protagonizará hoxe a inauguración dunha mostra das súas obras na Capela da Madanela, en Arzúa. A cita será a partires das sete e media desta tarde.
Esta é a primeira vez que o artista presenta unha colección no municipio arzuán. Para isto, e tendo en conta a súa ampla e prolífica traxectoria creativa, realizou unha selección dun total de quince pezas de entre todas as que creou.
Fuente: El Correo Gallego.